Galicia

Carmen Avendaño mantén as súas declaracións de que o narco Oubiña non so traficou con haxix e cannabis e irá a xuizo o 27 de febreiro

Haberá xuizo o vindeiro 27 de febreiro. Este martes, Carmen Avendaño, presidenta de Érguete, que fora demandada polo narcotraficante Laureano Oubiña coma autora dun presunto delito contra a súa honra, mantivo as súas acusacións.

Avendaño negouse a rectificar unhas declaracións nas que aseguraba ter constancia de que o narco Oubiña traficara con outras substancias, ademáis de haxix e do cannabis.

Hai que lembrar que Oubiña estivo na cadea 22 anos, ininterrumpidos, dende 1990 a 2012, logo de ser condenado por distintos delitos de tráfico de drogas e blanqueo de capitais.

También te puede interesar