vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Impulsan dende Vigo unha ‘Campaña de Alegacións Colectivas ao Decreto da RISGA’ da Xunta

Posted by on Ene 12th, 2018 y archivado abajo 'Qué te cuentas?', Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A finais do ano pasado o Goberno de Galicia penduraba no seu portal web o borrador do decreto que desenvolve a lei da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) e abría un período para presentar alegacións que finaliza o vindeiro día 19 deste mes de xaneiro.

Distintos colectivos e asociacións elaboraron unha proposta de alegacións, que animan a presentar nos rexistros da Xunta antes dese día 19 a “todas aquelas persoas comprometidas coa xustiza social”, facendo algo tan doado como “encher os teus datos e asinar”.

“Fronte a “esmola social” da RISGA e do resto de políticas sociais propoñemos a creación dun novo dereito que supere a política vixente prestacións e axudas sociais que non eliminan nin o empobrecemento nin a desigualdade. Fronte a isto propoñemos un novo dereito: a Renda Básica das iguais que garanta, xunto a outras medidas, unha vida digna para todas as persoas”.

Na transición cara ese novo dereito estas asociacións e entidades propoñen unha serie de medidas de urxencia:

Contía digna, de xeito que ninguén cobre menos de 890 €/mes –a metade da renda per cápita da Galicia, dividida entre todas as persoas residentes no país-, así como a eliminación do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM)que leva 6 anos conxelado.

Dereito para aquelas persoas que residan en Galicia, con indepencia do seu pasaporte e situación administrativa.

Brevidade e simplicidade na tramitación: as resolución as fai a Xunta, sen pasar polos servizos comunitarios dos concellos, e ten que estar resolta nun prazo máximo dun mes dende a solicitude.

Compatibilidade con axudas e prestacións (PNC, Axuda familiar, RAI…) de contía inferior mentres non desaparezan.

A alegación pode descargarse premendo aquí e pódese enviar enchendo o formulario na web da Xunta, metendoa a través do Rexistro da Xunta ou remitindola ao enderezo electrónico [email protected].

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM