O Goberno de Galicia impulsa a contratación de 1.300 desempregados en 220 concellos rurais e en 700 pemes e empresas de base tecnolóxica | Vigo al minuto
vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Goberno de Galicia impulsa a contratación de 1.300 desempregados en 220 concellos rurais e en 700 pemes e empresas de base tecnolóxica

Posted by on Ene 11th, 2018 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O presidente do Goberno de Galicia adiantou este xoves a convocatoria dun paquete de tres axudas, dotadas con 14 millóns de euros, para incentivar a contratación de 1.300 desempregados en 220 concellos rurais e en 700 pemes e empresas de base tecnolóxica.

Durante a rolda de prensa posterior ao Consello, o presidente Feijóo subliñou que a primeira iniciativa, relacionada co impulso do agro, consistirá nunha nova convocatoria do programa Aprol Rural, que destinará 7 millóns de euros -5 millóns nunha primeira convocatoria, ampliable en 2 millóns- para apoiar a contratación de 430 desempregados en 220 municipios.

Nesta edición, que estará reservada aos contratos relacionados coa valorización do monte -silvicultura, biomasa, limpeza ou outros labores do sector forestal-, terán prioridade os Concellos Emprendedores.

Logo de precisar que o Executivo autonómico financiará a totalidade dos custos salariais dos contratos, que deberán ter unha duración mínima de 9 meses e ser a tempo completo, Feijóo avanzou que o segundo programa incluirá incentivos a contratación nas pequenas e medianas empresas.

Serán 4,2 millóns para favorecer a contratación de 550 persoas con dificultades para acceder ao mercado laboral. O primeiro contrato, que deberá durar como mínimo un ano, apoiarase con 4.000 euros, sempre que se contrate a un parado de longa duración, con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social.

Esta contía aumentará nun 25% acumulable para mulleres, maiores de 45 anos, emigrantes retornados ou empresas situadas no rural, ascendendo a contía máxima da axuda a 8.000 euros. E, como novidade, incluirase un bono de formación de 1.000 euros por persoa contratada, que será opcional para as empresas.

No tocante á terceira das liñas de axudas, cun orzamento de máis de 2,7 millóns, o titular da Xunta explicou que esta destinarase a fomentar e consolidar o emprego nas pequenas empresas de nova creación e en iniciativas de carácter tecnolóxico, é dicir, en proxectos innovadores xurdidos na Universidade.

En relación ás pequenas empresas de nova creación, estableceranse axudas para xerar emprego estable, formar os xerentes ou financiar gastos de constitución da empresa, arrendamento do local, maquinaria ou equipamentos informáticos, entre outros.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM