Galicia Sucesos

Un morto e 65 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana a 66 persoas debido a 40 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, 5 de xaneiro ata as 12 menos un minuto da noite deste domingo, día 7.

A Central de Coordinación do 061recibiu nestes días 52 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 40 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 66 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 60. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en cinco sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu nun accidente, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 45 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en tres sinistros.

En 58 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en sete   ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

También te puede interesar