vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Goberno de Vigo insta á Xunta a execución da obra de captación de auga do río Verdugo

Posted by on Dic 28th, 2017 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O Goberno local indica nun comunicado que na reunión mantida este xoves entre Aguas de Galicia e os concellos que se abastecen da presa de Eiras, Vigo urxiu á Xunta a resolver o  problema da auga, “avalado por outros municipios como Redondela”.

O Goberno de Vigo, que aprobou hoxe o convenio para a execución da obra de captación de auga do río Verdugo, “apremou á Xunta a que aprobe o antes posible esta actuación e cumpra coa súa obriga”, sinalando que “calquera atraso significaría un incumprimento das súas obrigacións ante unha proposta realizada polo ente autonómico”.

O Goberno local subliña que o problema do abastecemento de agua existe, é competencia da Xunta de Galicia e é o seu deber resolvelo, de forma que “o transvase é unha solución puntual e imprescindible e para isto, pese a ser competencia autonómica, Vigo achegará o 80% do financiamento (4,8 millóns de euros) e a Xunta o 20% (1,2 millóns)”.

No encontro, Vigo advertiu tamén que Zamáns está ao 42% de capacidade e que Vigo está renunciando ao seu uso para poder dar auga ao concello de Nigrán. “O problema segue existindo e segue sendo moi serio”.

Respecto ás informacións facilitadas hoxe pola Xunta de Galicia en relación coas analíticas realizadas polo organismo autonómico o pasado 26 de decembro en Canido e Teis-segundo as cales na acometida do CEIP Ría de Vigo en Canido os valores marcan 1111 partes por billón de ferro, mentres que no interior do colexio a proporción baixa ata os 430.Un desfase que os técnicos explican pola falla de actividade no centro escolar;  na rede de Canido onde se mediron 1484 ppb de ferro e 2276 de aluminio, caso similar é o de CEIP San Salvador de Teis, con 1019 ppb de ferro na acometida e 558 no interior das instalacións do centro-  o goberno municipal quere aclarar que “a contraanalítica realizada polo Concello de Vigo o 27 de decembro pon de relevo que as dúas zonas están por debaixo dos parámetros permitidos, por debaixo dos 600 microgramos por litro”.

Con respecto ás analíticas realizadas pola Xunta, chama a atención, di o Goberno de Vigo, que a agua dentro dos centros educativos sexa mellor que a mostraxe da rede de abastecemento, en cantidades tan importantes. “Parece deberse a unha milagre ou a algunha outra causa sobrenatural, cientificamente pouco verosímil”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM