As traballadoras e traballadores de Maderas Iglesias maniféstanse este xoves en Santiago en defensa de 250 empregos | Vigo al minuto
vigoalminuto.com - Tu peridico digital

As traballadoras e traballadores de Maderas Iglesias maniféstanse este xoves en Santiago en defensa de 250 empregos

Posted by on Dic 27th, 2017 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O cadro de persoal da Maderas Iglesias, empresa do Porriño dedicada á fabricación de tarima flotante que se atopa en situación crítica, traslada a Santiago as mobilizacións en defensa da continuidade da compañía.

O comité convocou unha xornada de folga este xoves, día 28, para que todos os traballadores poidan participar nas concentracións previstas ese día diante do Parlamento de Galicia e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Un grupo de alcaldes e concelleiros das comarcas da Louriña e do Condado acompañarán as empregados a Compostela para apoiar as súas reivindicacións, conscientes de que se trata dunha compañía estratéxica para a zona e da que dependen centos de familias.

Está previsto a representación do cadro de persoal manteña xuntanzas no Parlamento cos distintos grupos políticos a partir das 10 e media da mañá, mentres que os traballadores permanecerán concentrados ás portas do edificio.

Posteriormente, por volta das 12:30 horas, trasladaranse até a sede do Igape -onde tamén desenvolverán unha protesta- para manter unha reunión cos seus responsábeis co obxectivo de buscar unha solución que garanta a viabilidade da empresa.

Dende o comité anuncian que o vindeiro 12 de xaneiro foron convocados a unha xuntanza coa empresa para comunicarlles os nomes das 140 empregados ás que lles aplicarán o ERE extintivo.

“A partir de aí abrirán unha negociación até o 25 de febreiro, data na que presentarían formalmente o ERE”. Con todo, a intención do comité e paralizar esta medida e lograr a viabilidade dunha compañía que emprega na actualidade a 250 persoas, das que o 85% son mulleres.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM