vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O persoal de cociña dos hospitais de Vigo rexeita o agasallo de Nadal da empresa polo mal funcionamento do servizo de comidas

Posted by on Dic 23rd, 2017 y archivado abajo Ciencia y Tecnología, Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Todo o persoal do servizo de cociña do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) nos centros de traballo hospitais de Meixoeiro, Nicolás Peña e Álvaro Cunqueiro, despois de celebrar unha asemblea xeral tomou a seguinte decisión de comunicar á empresa que “non aceptaremos nin recolleremos o agasallo de Nadal que Arcasa nos regala, nin asistiremos aos petiscos que nos ofrecen”.

O Comité de Empresa salienta que os motivos son de sobra coñecidos por todo o cadro de persoa e que “despois dun ano de incumprimentos e de promesas falsas e, por suposto, de denuncias ante a Inspección de Traballo, no cadro de persoal estamos totalmente defraudados e  nos sentimos enganados pola empresa polo que non está no noso ánimo recibir un regalo no Nadal”.

As traballadoras e traballadores deste servizo engaden que “como ben sabe a cidadania o novo sistema de preparación de alimentos implantado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) non funciona satisfactoriamente”, algo que ven denunciando “milleiros de veces” o  Comité de Empresa, dende reiteran que os pacentes se queixan das comidas e, subliñan, que “estas teñan tan mala acollida depende do sistema de refrixeración e de organización, non do noso traballo”.

Ao seu xuizo, o cambio de empresa (antes Serunión) non axudou a mudar esta situación, senón que “repetimos nos mesmos problemas, tanto laborais como de organización”.

Neste último ano, afirman os representantes do persoal, tentaron solucionar os seus problemas laborais, sen éxito, “dado que a empresa nin se presenta, polo que vemos como unha ofensa recoller agasallos e celebrar ningún brinde”.

“Creemos que Arcasa debe cumprir igual que cumprimos nos, darnos un agasallo é taparnos a boca e tratarnos de idiotas. Que cumpra a lei, que cumpra o Convenio, que cumpra cos pacentes, é ese xa é o noso premio”.

Be Sociable, Share!

1 Respuesta for “O persoal de cociña dos hospitais de Vigo rexeita o agasallo de Nadal da empresa polo mal funcionamento do servizo de comidas”

  1. Prieto dice:

    Digno de elogio y consecuente
    esta decision. La empresa que de buenas condiciones de trabaj, que es.lo que le to
    ca

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM