'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

O PP vota en contra de que a Xunta inste ao Goberno do Estado a que anule a suba do 4% nos peaxes da AP-9

O Partido Popular votou en contra de que a Xunta inste ao Goberno Rajoy a que anule o acordó de Audasa, concesionaria da autoestrada, de subir preto dun 4% as peaxes o ano que ven.

A proposición non de lei, presentada por Manuel Lago, deputado de En Marea Manuel, obtivo o apoio dos deputados do PSdG e do BNG que consideraron intolerable este aumento no prezo que pagan xa os usuarios da AP-9.

O deputado de En Marea cualificou a Audasa coma “un dos poderes fácticos de Galicia”, que fai a súa vontade, da igual quen goberne, e esixiu que se evitase esta “estafa” e o “atraco” aos galegos dende o vindeiro 1 de xaneiro de 2018.

Pola súa banda o Partido Popular, por medio do seu deputado Martín Fernández, xustificou o seu voto en contra sinalando que a AP-9 é unha infraestrutura de “interese xeral do Estado” que ten unha concesión de explotación “privada temporal”.

También te puede interesar