Comarcas

‘Mercado de Nadal’ en As Neves este sábado, día 23, e o domingo, 24

A Praza de Abastos das Neves acollerá, o sábado 23 e o domingo 24 de decembro, o ‘Mercado de Nadal’, unha iniciativa que busca poñer ao alcance de veciñanza e visitantes, tanto produtos de artesanía coma aqueles que, como o viño e o mel, constitúen un elemento identificador da excelencia gastronómica do municipio.

No ‘Mercado de Nadal’, que estará aberto ámbolos dous días, en horario ininterrompido do mediodía ás 7 da tarde, participarán as adegas Señorío de Rubiós e Abadía de Tortoreos amais da cooperativa do Requeixo e o Mel.

O público visitante terá a ocasión de gozar da excelente gastronomía local xa que o mercado contará coa presenza de postos dos locais de hostalaría e tamén postos de artesanía.

A intención do Concello das Neves, coa posta en marcha deste ‘Mercado de Nadal’ é a posta en valor dos produtos que fan, do municipio, un referente gastronómico do sur da provincia. “Non se pode esquecer que, se o mel e os viños, son elementos identificadores da excelencia gastronómica do municipio, os locais de hostalería amosa, ano tras ano nunha magnífica ‘ruta de pinchos’ a capacidade innovadora da gastronomía local e a calidade da materia prima local”.

Para o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o ‘Mercado de Nadal’ é unha ocasión extraordinaria para que “veciñanza e visitantes poidan coñecer a ampla oferta gastronómica das Neves”.

También te puede interesar