vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Pactados os servizos mínimos para a folga do servizo de mantemento do Hospital Álvaro Cunqueiro

Posted by on Dic 20th, 2017 y archivado abajo Ciencia y Tecnología, Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O persoal de Veolia, concesionaria do servizo de mantemento do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, pactou os servizos mínimos da folga indefinida que comeza o martes 26, “logo de que a empresa e o Servizo Galego de Saúde (Sergas) rebaixaran as súas pretensións iniciais”. Os traballadores reclaman un convenio colectivo de centro de traballo que iguale as condicións laborais.

Segundo explican dende o comité de empresa, presidido pola CIG, “tanto a Administración como a concesionaria pretendían fixar uns servizo mínimos superiores ao 50% que establece a lei como mínimo nos servizos públicos”. Mais a representación do sindical opúxose ao considerar que eran “abusivos”, polo que finalmente rebaixaron as súas pretensións, marcándose un servizos mínimos do 50%.

Coa folga indefinida que dará comezo ás 00:00 horas do dia 26 os traballadores de Veolia queren reclamar un “convenio colectivo de centro de traballo que iguale as condicións” con outros hospitais dependentes do Sergas.

O paro afectará tanto ao hospital Álvaro Cunqueiro como ao Meixoeiro e ao Nicolás Peña, xa que hai empregados de Veolia que tamén se desprazan a estes dous últimos centros a realizar labores de mantemento.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM