@MareaVigo lembra ao alcalde que na cidade segue a haber casos de desafiuzamento como denuncia a PAH | Vigo al minuto
vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@MareaVigo lembra ao alcalde que na cidade segue a haber casos de desafiuzamento como denuncia a PAH

Posted by on Dic 15th, 2017 y archivado abajo Destacados, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

“Cando se da un proceso como o que estamos a ver no día de hoxe, a resposta das administracións públicas non pode limitarse a unha pelexa entre administracións. Non existen políticas de vivenda desde a institución municipal para axudar as persoas que están en risco de exclusión social. O Concello non leva a cabo ningunha política neste eido coa escusa de ser competencia autonómica e a Xunta carga contra o concello dun xeito ruín acusándoo de non querer entrar no famoso rexistro de vivendas baleiras cando gran parte do problema existe a causa das políticas de austericidio contra a sociedade do propio Partido Popular” afirma Marga L. Barreiro, concelleira do Grupo Municipal da Marea de Vigo.

Marea de Vigo considera que, á marxe das competencias autonómicas, o Concello sí que pode ofrecer saídas ás persoas que, como vén de denunciar a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), este venres, corren un grave risco de desprotección .

Marea subliña que a institución municipal, como a máis próxima á cidadanía, e de xeito amparado pola lei debe exercer competencias na atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social, tal e como xa están facendo outros concellos no conxunto do Estado.

“No caso de Vigo resulta especialmente grave cando o máximo responsable, o alcalde, sae constantemente nos medios de comunicación afirmando que en Vigo non hai desafiuzamentos, e que incluso o seu despacho ‘é unha oficina antidesafiuzamentos”, cando, día tras día, movementos sociais como a PAH, non cesan de denunciar estes casos. De feito, para que o propio alcalde estea perfectamente informado, esta mañá a Plataforma de Afectados polas Hipotecas, a través do rexistro xeral do Concello, informaron de dous novos casos”.

A concelleira de Marea de Vigo afirma que “xa é a hora de poñerse a traballar para dar resposta inmediata ás familias que se atopen nunha situación de desafiuzamento ou risco de exclusión social por perda da súa vivenda habitual e precisen de intervención, e deixar de utilizar as necesidades das persoas como arma electoral e política”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad

Publicidad de V al minuto

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM