Vigo al minuto

@depo_es aproba a adxudicación do Servizo de Teleaistencia Domiciliaria para concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación, por procedemento aberto, do acordo marco para a xestión da prestación do Servizo de Teleasistencia domiciliaria en concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia.

Dito contrato de xestión do servizo, que terá validez durante 2018 e 2019, foi adxudicado a “Quavitae Servicios Asistenciales”, que foi a empresa que obtivo unha maior puntuación no procedemento aberto.

O obxecto do mesmo é a contratación do Servizo de Teleasistencia Domiciliaria para os 47  concellos de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes. O número de usuarios contemplados neste servizo establecese nun máximo de 700.

A teleasistencia domiciliaria é un servizo que, a través da liña telefónica e cun equipamento informático específico situado nun Centro de Atención e no domicilio das persoas usuarias, permite ás persoas maiores e/ou persoas enfermas ou discapacitadas, ao pulsar o botón dun dispositivo (medallón ou pulseira) que levan constantemente sen molestias, entrar en contacto verbal “mans libres”, cos operadores/as do Centro de Atención e profesionais capacitados para darlle unha resposta adecuada ante a crisis presentada, ben por si mesmos ou mobilizando outros recursos humanos ou materiais propios da persoa usuaria ou existentes na comunidade.

Este servizo estará a disposición dos usuarios as 24 horas do día, durante os 365 días do ano.

También te puede interesar