Vigo al minuto

Augas de Galicia rexeita a opción de rebaixar o caudal ecolóxico “e menos para tapar as vergoñas do Concello de Vigo”…

O director xeral de Augas de Galicia dixo ‘non’ á proposta do Concello de Vigo de construír un azud entre o río Verdugo e o Oitavén, unha obra que non estaría rematada antes de xuño do ano que ven e, así mesmo, rexeitou de plano a redución do caudal ecolóxico, como pediu o alcalde de Vigo xa que , supón pedir  “ reiteradamente á Xunta que cometa un delito ambiental: non o vai a facer e moito menos para tapar as vergoñas da incapacidade do Concello de asumir esta situación”.

Roberto Rodríguez insistiu na necesidade de reucir o consumo de auga e rexeitou que se pedise a algunha empresa que pechase,  senón que “aquelas  que consomen máis de 2.000 metros cúbicos ao ano reduzan o seu consumo”.

Rodríguez reiterou que o Goberno de Galicia segue ofrecendo o reforzamento do abastecemento con captación de auga do Verdugo dende as canles de derivación de senllas explotacións hidroeléctricas até a entrada do sistema de abastecemento de Vigo.

También te puede interesar