Cultura Galicia

A pensión media das galegas e galegos, 782€ ao mes, segue a ser a segunda máis baixa de España

As e os pensionistas galegos seguen a ser os segundos-logo dos extremeños- que menos cobran de todo o Estado, segundo os datos difundidos este xoves pola Seguridade Social (INSS) este xoves.

Dacordo cos mesmos, os 761.075 pensionistas galegos teñen unha paga media de 782€, un 2% mais que hai un ano, pero ainda lonxe dos 1.069,78€, sempre de media, que perciben o resto dos maiores en España.

A maior parte das pensións en Galicia son de xubilación, 473.437 persoas cobran as mesmas e perciben, de media, preto de 891€ ao mes; en total, hai 187.564 pensións por viuvez cunha contía media de 550€; por incapacidade permanente páganse en Galicia 70.000 pensións, cuns ingresos de 838€ mensuais mentres que as 23.791 persoas benefiaciarias de pensións por por orfandade cobran 374€ de media.

Por provincias, na provincia de A Coruña, hai 295.518 pensionistas, que teñen unha nómina, media, de 824€; en Pontevedra hai 239.018 pensionistas que cobran 823€, un total de 117.543 viven en Lugo cuns ingresos medios de 695€ e os1 09.086 ourensáns ingresas ao mes algo menos de 675€.

También te puede interesar