vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@depo_es amosa o seu apoio a que o hospital Cíes pase a ser un centro de maiores non dependentes

Posted by on Nov 20th, 2017 y archivado abajo Cultura, Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Carmela Silva amosou este luns o seu apoio ao proxecto do sindicato Comisións Obreiras para a reconversión do antigo Hospital Cíes nun centro tutelado de maiores non dependentes. Así o manifestou tras manter unha xuntanza coa responsable da unión comarcal da central sindical e o responsable da unión de pensionistas do sindicato, na sede viguesa da institución provincial.

A presidenta da Deputación subliñou a importancia do proxecto de reconversión do antigo hospital Cíes nun centro tutelado para maiores “para que podan manter a súa independencia nu entorno como é o do complexo Xeral-Cíes”. Silva lembrou que Vigo ten un déficit moi importante en prazas de residencias para persoas maiores e que o proxecto do sindicato pretende dar resposta “as necesidades dunha nova sociedade onde cada vez son máis lonxevos e lonxevas pero onde é máis complicado que os fillos e fillas podan atender as persoas maiores”.

O proxecto de Comisións Obreiras, segundo explicou Amelia Pérez, sería para persoas maiores que non sexan dependentes de xeito que podan manter a súa independencia saíndo do centro para as súas compras “tomar café ou simplemente pasear” pero nun entorno de control.

Carmela Silva valorou  o proxecto “como do século XXI dando resposta a unha necesidade da sociedade” e ademais serviría para poñer en valor, en primeiro lugar, “aos nosos maiores, por recuperar un edificio senlleiro para a cidade e, por último, serviría para  por en valor unha zona que xunto a nova Cidade da Xustiza recuperaría a actividade que contaba coas instalacións do antigo hospital Xeral-Cíes”. Ademais permitiría manter o uso socio-sanitario que ten o propio edificio na actualidade.

A presidenta sinalou que a idea pode ser perfectamente “asumible por todas as administracións” e reiterou que xa conta co apoio do Concello de Vigo e agora da Deputación de Pontevedra reclamando a implicación de todas as administracións no proxecto.

Pola súa banda, Tito Ucha, da unión de pensionistas de CCOO, subliñou que o ideal sería que a xestión deste novo centro fose a través dunha fundación  pública na que participaran Universidade, Xunta de Galicia e concello de Vigo para desenvolver tamén investigación o redor da asistencia socio sanitaria dos maiores.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM