vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@En_Marea denuncia que a Conta Xeral amosa que a execución dos orzamentos da Xunta en inversión social é so propaganda

Posted by on Nov 19th, 2017 y archivado abajo Cultura, Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

En Marea considera que o PP utiliza os orzamentos para facer propaganda sen atender as necesidades reais dos galegos. Especialmente nas áreas de solidariedade e inversión social.

Na presentación do proxecto de orzamentos para o 2018 o goberno galego anunciou que se redoblaba o esforzo en innovación e para a creación de emprego.

Pero, sinala En Marea, “o que reflicte a Conta Xeral da Xunta de 2016 é que precisamente na Consellería de Emprego e Industria localízanse os maiores problemas na xestión e na execucción dos orzamentos en sectores chave, sectores que coinciden precisamente co que o goberno do señor Feijoo pretende vender como obxetivos estrela dos orzamentos para o ano 2018”.

Segundo a conta xeral a Consellería de Emprego e Industria foi a de peor grado de execución, o 69%, “deixando sin gastar 3 de cada 10 euros do exercicio no 2016”. En funcións coma a de Promoción do emprego tivo só un 61% de nivel de execución, deixando sin executar 112 millóns de euros e sin comprometer outros 45 millóns nunha área tan importante.

“Hai datos tan escandalosos coma os  correspondentes dos programas 322B de Intermediación e Inserción Laboral, nos que só acadou un 5,93% de execución e o de Formación Profesional de Ocupados, un 17,09%”.

Outra dos supostos obxetivos para o 2018 segundo a Xunta de Galicia é a “inovación pero os datos dos sucesivos exercicios explican que houbo recurtes orzamentarios, e a conta xeral dinos que aínda por riba executáronse mal os exiguos orzamento adicados á investigación e innovación”. No 2016 os créditos iniciais era 127 millóns de euros, que se reduciron 95 durante o exercicio por mor das modificacións, e dos cales se executaron 84.

“Estes feitos cuestionan a credibilidade dos orzamentos e das políticas da Consellería de Economía Emprego e Industria en dúas cuestións tan importantes coma o emprego e a innovación, promesas estrela aunciadas polo goberno galego para 2018”.

Dende En Marea consideran “decepcionante” que nun momento no que existen miles de desempregados de longa duración queden sen utilizar estas cantidades de diñeiro pola falla de  capacidade de xestión da Xunta, mentres que  “o PP non para de vender publicidade e propaganda na que se fala da aposta pola innovación e sin embargo non pode esgotar os orzamentos pola súa ineficacia e estemos no 0,89% do PIB en investimento en I+D+I cando ao chegar o señor Feijoo estaba no 1%”.

“A aposta que o PP anuncia é falsa porque como xa vimos coa Lei de Fomento de Iniciativas Empresarias o señor Feijoo aposta por un modelo extractivo e empobrecedor onde a calidade e a innovación son moi secundarios. Segundo Feijóo que esta sería a lexislatura do rural e que durante este ano se redobra o esforzo neste eido pero o certo é que no exercicio 2016 o grado de execucción do programa 713D Mellora da calidade da producción alimentaria foi dun 46% do orzamento definitivo, o de Implantación de sistemas agrarios sustentables dun 39%, precisamente os programas que deberían de ser pezas angulares no desenvolvemento dun novo modelo agrícola baseado na calidade e sustentabilidade”.

Do mesmo xeito, engaden dende En Marea, “pretende ocultar un grado de excucción dun paupérrimo 15% no programa de fomento da rehabilitación coa precipitada presentación dun borrador de Lei de Rehabilitación”.

Éste conxunto de datos da conta xeral, ademáis de cuestionar a credibilidade dos anuncios orzamentarios, “amosan a incapacidade de resolver con eficacia as políticas mínimamente compexas que requiran planificación, previsión e rigor”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM