vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Veciños de Teis e Chapela convocan para este venres unha concentración para pedir a supresión da peaxe de Rande

Posted by on Nov 16th, 2017 y archivado abajo Cultura, Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A Asociación Veciñal de Teis e de Chapela, convocan conxuntamente unha concentración este venres,día  17 de novembro ás 7 e media da tarde, na rotonda de Padín, para esixir do Goberno central e da Xunta de Galicia, converter en vía urbana a AP-9 no tramo de aceso a cidade de Vigo desde Padín, a supresión da peaxe no tramo Rande- Vigo e medidas contra a contaminación acústica que provoca a AP-9.

As súas asociacións salientan que “a conversión en vía urbana a AP-9, permitiría mellorar as comunicacións nos barrios de Teis e Chapela e desconxestionar parte do trafico que padecemos ambas parroquias”.

En todo caso, entenden, a vía urbana deberá ser desde onde comeza o termo municipal de Vigo, desde as Torres de Padín e non limitalo só desde a Avenida de Buenos Aires, como propoñen outras entidades, como o Goberno local de Vigo.

A Asociación Veciñal de Teis e Chapela, tamén considera necesario eliminar a peaxe no tramo Rande-Vigo, “despois de 35 anos desde a apertura da AP-9, seguimos pagando por este tramo que forma parte do aceso á cidade de Vigo, cando outras cidades galegas carecen de peaxe nos seus acesos”.

Por último, creen que tamén é moi preocupante a situación da veciñanza que reside nas proximidades da AP-9, polo ruido provocado pola autoestrada. “Despois de 35 anos desta autoestrada, non consta ningún actuación por parte da concesionaria ou por parte da administración, para reducir a contaminación acústica”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM