Vigo al minuto

Os estudantes piden a derogación da LOMCE e o fin dos recortes no ensino público

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público participou esta mañá nas mobilizacións do estudantado galego que este xoves foi á folga para reclamar a derrogación da LOMCE, a fin dos recortes no ensino público e a elaboración dunha Lei Galega de Educación.

Baixo o lema “Imos baleirar as aulas para encher as rúas”, estudantes do ensino medio e superior de Galicia, convocados por Erguer, desenvolveron manifestacións e concentracións en 13 puntos do territorio galego.

Outra das reivindicacións que motivaron a convocatoria desta folga é a esixencia ao goberno da Xunta de que impulse a elaboración dunha Lei Galega de Educación que “protexa a nosa lingua e a nosa cultura tanto no currículo académico como de forma transversal”.

A convocatoria de folga vai máis aló da LOMCE ou do Decreto do 3+2 nas Universidades. “Os sucesivos recortes e o desprezo cara a toda a comunidade educativa que veñen realizando os gobernos da Xunta e de Madrid no ensino galego nos últimos anos tamén están enriba da mesa como causas deste paro estudantil”.

También te puede interesar