Galicia

@carmelasilva reclama no Senado a participación de concellos e diputacións nas políticas de cooperación internacional

Carmela Silva, reclamou este mércores ante a Comisión de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento do Senado a participación activa dos concellos e das deputacións na elaboración do Plan Director 2018-2021 no que  traballa España para a implementación dos obxectivos que marca a “Axenda 2030” da ONU.

Silva amosouse convencida que a participación na elaboración das directrices en materia de cooperación internacional dos concellos e das deputacións “son fundamentais en este proxecto global de cooperación internacional”  e que “ou se fai coas entidades locais ou non se fará”.

A presidenta da Deputación de Pontevedra subliñou que a Axenda 203o da ONU marca uns obxectivos de desenvolvemento sostible que cambian o modelo seguido ate de agora e o novo Plan Director de España, que fixará as directrices do sistema da cooperación española nos próximo catro anos, ten que contar cos “axentes do cambio” que son as entidades locais pola súa proximidade ao cidadán.

Aínda que as entidades locais son consideradas, na teoría, como  administración do Estado, na práctica recoñeceu Silva, “seguimos a ser un axente de segunda categoría mantendo unha tutela sobre todas as nosas accións”.Todas as entidades locais –mantivo Silva- temos un forte compromiso  con este novo modelo de cooperación que fixa a ONU e temos que reclamar que sexamos considerados un actor dentro do Plan Director de cooperación do goberno de España”.

Silva recoñeceu que a nova Axenda 2030 da ONU pon o centro das súas iniciativas globais as persoas “algo que as entidades locais vimos desenvolvendo dende fai anos e aínda que esta actuación de cooperación é global ao final o estamos a desenvolver dende o local”.

Dentro dos moitos obxectivos e directrices que a ONU fixa para a cooperación internacional, a Deputación de Pontevedra leva traballando dende fai dous anos, como subliñou, destacando  as novas políticas ao fronte da institución centradas nas persoas e no desenvolvemento das cidades, pobos e vilas acordes co medio ambiente e sostibles e destacou as iniciativas de aforro enerxético, reciclaxe, apoio a cultura emprendedora e innovación, apoio os sectores produtivos ou as novas medidas para a mobilidade na provincia, entre outras. “Fixemos un cambio radical  del modelo de provincia que se tiña na Deputación de Pontevedra nos últimos trinta anos para poñer no centro aos veciños e veciñas”, salientou.

Nembergantes, moitas destas políticas seguen a manter unha nula financiación por parte da administración do Estado, que non exerce as súas competencias “e temos que substituíla dende as entidades locais, pero que non leva parella unha financiación acorde con estas demandas”. Por elo, Carmela Silva, reclamou tamén que o Plan Director 2018-2021 ten que levar parella unha clara ficha de financiación económica das medidas para que cada administración poda desenvolvelas sen detraer diñeiro dos seus propios orzamentos para este fin.

También te puede interesar