Ciencia y Tecnología Galicia

Este luns empeza a campaña da centola e do boi nas provincias de A Coruña e Pontevedra

O Goberno de Galicia abre este luns, dia 13 de novembro, a campaña extractiva da centola e do boi nas provincias da Coruña e Pontevedra. Nas áreas que van de A Guarda ata Cabo Corrubedo -na provincia de Pontevedra- e de Cabo Corrubedo ata Cabo Estaca de Bares -na provincia da Coruña-, a frota con porto base nestas zonas e que se dedica á extracción destas especies pode calar os aparellos a partir das 00:00 horas desta madrugada e levar as especies á lonxa mañá.

A campaña deste crustáceo nestas dúas provincias prolongarase ata o inicio da veda do ano 2017, que se fixará a través do correspondente Plan de Xestión. No caso da parte que vai Cabo Estaca de Bares ata o río Eo -incluíndo a Ría do Barqueiro-, na provincia de Lugo, a campaña iniciarase o 3 de decembro. 

A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 kg por barco e día, ao cal se engadirán 35 kg/día por cada  tripulante enrolado e a bordo. Poderán participar na campaña todas as embarcacións con artes menores e con porto base nesta comunidade, así como aquelas que tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.

Controis da centola

A Consellería do Mar levou a cabo unha serie de operativos nas últimas semanas para vixiar a extracción ilegal de centola nas data previas á apertura da veda. Estas actuacións deron como resultado o comiso de máis de dúas toneladas e media de peixe e marisco, das cales case unha tonelada e media era centola. A maiores requisaron 538 aparellos de pesca e 1.150 metros de aparellos de enmalle.

También te puede interesar