Galicia

Os días 14 e 15 de outubro arderon 49.000 hectáreas, 14.000 máis das que anunciara o Goberno de Galicia

As medicións definitivas realizadas logo dos incendios do pasado día 15 de outubro señalan que o lume arrasou máis de 49.000 hectáreas, moi por riba- 14.000 hectáreas exactamente- das 35.500 das que se informara nunha primeira estimación.

Hai que lembrar que esa fin de semana houbo en Galicia 264 incendios no monte-nos que a Fiscalía non ve trama algunha-coma informou o Goberno de Galicia so uns días antes de que o presidente Feijóo dea conta no Parlamento do funcionamento do operativo contra o lume e do funcionamento dos dispositivos de loita contra as lapas.

También te puede interesar