Comarcas

Eventos solidarios a prol de ‘As Neves Zona Cero’ esta fin de semana

A ANPA Eira da Liñaza, en colaboración co Concello de As Neves, organiza o sábado que ven, día 4 de novembro, dende as 5 da tarde, na Praza Maior, un ‘Samaín Solidario’ con ‘As Neves Zona Cero’.

No mesmo haberá agasallos para quen vaia disfrazado, chocolate, castañas, pintacaras e baile do Samaín.

Ademáis, o día seguinte, domingo 5, organizado por ‘Señorío de Rubiños’,ás 12:00h. na Adega Señorío de Rubiós (Bouza do Rato s/n – Rubiós, As Neves) se celebrará unha cata solidaria a prol dos afectados pola vaga de lumes en As Neves. O diñeiro recaudado irá íntegramente á conta “As Neves zona 0” aberta polo Concello de Concello As Neves para canalizar oficialmente as achegas económicas para axudar os damnificados nesta castástrofe.

Durante o evento cataranse varios viños brancos (albariño e condado blanco), tintos (a colección Manuel d´Amaro Espadeiro, Caiño tinto, Sousón e Pedral) e espumosos da adega, acompañados dunha degustación de productos da zona.

Para poder acudir á cata solidaria é preciso: Reservar praza nos números de teléfono: 654 960 109 ou 680 918 122. Ou tamén no correo electrónico: [email protected].

Ingresar 15 € por persoa no número de conta “As Neves zona 0” IBAN: ES92 2080 5434 0830 4011 4499 (Abanca).

O aforo é limitado polo que agradecemos que reservedes con antelación.

También te puede interesar