vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Continúa a folga en Bershka na provincia de Pontevedra cun seguimento total e co peche de todas as tendas

Posted by on Nov 1st, 2017 y archivado abajo 'Qué te cuentas?', Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A folga convocada en todos os establecementos de Bershka na provincia de Pontevedra chegou este mates pasado ao seu 6º día cun “seguimento total por parte das arredor de 65 traballadoras”, que volveron concentrase ás portas das tendas.

A representación das traballadoras mantivo unha primeira xuntanza en Santiago coa dirección da empresa que rematou sen acordo, polo que “o paro indefinido continuará até que remate a discriminación laboral na cadea pertencente ao grupo téxtil Inditex”.

Os cinco establecementos de Bershka na provincia de Pontevedra –os 3 de Vigo, e os de  Pontevedra e Vilagarcía permaneceron sen actividade e, ao igual que nas xornadas anteriores, as traballadoras concentráronse dende primeira horas ás portas das tendas, onde aproveitaron para repartir folletos informativos e recibiron o apoio da veciñanza.

“De feito, o conflito laboral está a espertar unha gran vaga de solidariedade non só no país senón tamén no conxunto do Estado a pesar do silenciamento informativo de boa parte dos medios de comunicación”.

A representación do cadro de persoal trasladouse até Santiago para manter unha xuntanza coas responsábeis de recursos humanos da empresa, que accedeu a manter a reunión tras a protesta desenvolvida onte polas traballadoras diante das instalacións de Inditex en Arteixo.

O encontro prolongouse dende a 1 da tarde ata case as 9 da noite e, a pesar de que se achegaron posturas con respecto a algunhas das reivindicacións o acordo non foi posíbel pola “negativa da empresa a aceptar as reclamacións económicas do cadro de persoal”.

“Non nos regalan nada, e se nolo poden quitar, fano, sexa mediante reformas ou cambios de lexislación; polo tanto, é imprescindíbel o compromiso de loita de cada unha das traballadoras de Inditex en defensa dos dereitos conseguidos até o de agora e por mellorar condicións laborais totalmente asumíbeis por absolutamente todas as marcas do grupo téxtil”, aseguraron ao remate da xuntanza.

As traballadores subliñan que Inditex gañou 3.157 millóns de euros en 2016, o que supón un aumento do 10%, e que “aínda que Amancio Ortega intente comprar o silencio das traballadoras con pagas de beneficios de dubidoso obxectivo fiscal, as que traballamos día a día para as marcas do grupo sabemos que para esta multinacional as empregadas somos un mero instrumento para aumentar os seus beneficios”.

Ademáis, denuncian que a temporalidad, a flexibilidade, a carga de traballo, os baixos salarios, en resumo, a precariedade, “son o pan de cada día nos nosos centros de traballo”. Finalmente, esixen que as empregadas do comercio, un sector amplamente feminizado,deixemos de ser traballadoras de segunda e teñamos unhas condicións laborais dignas que nos garantan capacidade adquisitiva, respecten o noso dereito ao descanso e ao ocio, á conciliación da vida laboral e familiar, á saúde laboral, en definitiva, a unha vida digna”.

Be Sociable, Share!

1 Respuesta for “Continúa a folga en Bershka na provincia de Pontevedra cun seguimento total e co peche de todas as tendas”

  1. son eu dice:

    ADIANTE COA FOLGA RAPAZAS E ÁNIMO!!! NEN UN PASO ATRÁS.POLOS VOSOS DEREITOS E POLO VOSO FUTURO!!! COMA BEN DICIDES: TRABALLAMOS PARA INDITEX E NON CHEGAMOS A FIN DE MES!!!😠😠😠

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM