Un morto e 77 feridos nos 55 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas a pasada fin de semana | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Un morto e 77 feridos nos 55 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

Posted by on Oct 30th, 2017 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O 061 asistiu durante a fin de semana a 78 persoas debido a 55 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas ende as 3 da tarde do venres pasado, día 27, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, día 29.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 55 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 78 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 74. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en cinco sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu en dous accidentes, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 60 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en  seis accidentes. As ambulancias convencionais acudiron nun sinistro.

En 70 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en  sete  ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto do accidente.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM