Homenaxe no Porriño aos 32 voluntarios de Protección Civil e axentes da Policía Local que interviron nos incendios do día 15 | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Homenaxe no Porriño aos 32 voluntarios de Protección Civil e axentes da Policía Local que interviron nos incendios do día 15

Posted by on Oct 29th, 2017 y archivado abajo Comarcas, Sucesos. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, rendeu homenaxe, “no nome da Corporación e de todas veciñas e veciños”, aos 23 voluntarios de Protección Civil e 9 axentes da Policía Local do Porriño-co seu xefe, Daniel Rodríguez, a fronte- pola súa “excepcional actuación” durante a vaga de incendios dos pasado días 14 e 15 deste mes.

García de la Torre subliñou a “entrega, máis aló do seu deber” de cada un dos voluntarios e voluntarias de Protección Civil e integrantes da Policía Local que acudiron eses días a axudar e auxiliar a veciños de Gondomar, Salceda, Nigrán, Vigo e, por suposto O Porriño, que estaban nunha situación moi comprometida por mor das chamas.

13 dos integrantes dos dous corpos correron perigo físico, mesmo dous deles foron trasladados ao hospital-un axente da Policía Local por queimaduras e un voluntario de Protección Civil por  inhalación de fume– cando socorrían a varias persoas en lugares tan castigados polo lume coma Chandebrito-en Nigrán- ou Fragoselo- en Vigo-.

Todos eles acudiron ás chamadas de apoio do alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, para que que se achegasen a Vincios, onde finalmente salvaron varias casas do lume; outra chamada de auxilio da Policía Nacional, para que se unisen ás dotacións que actuaban en Chandebrito e Porto do Molle, en Nigrán; a Fragoselo, en Vigo, lugar no que había varias dotacións do Corpo Nacional de Policía e veciños cercados polas lapas, ademais de á parroquia de Chenlo, no límete entre O Porriño e Gondomar, e a zona de Mosteiro, en Budiño.

Eva García de la Torre fixo entrega aos 32 voluntarios e axentes dun galano como mostra do recoñecemento do Concello e comprometeuse a destinar unha partida orzamentaria para dotar a Protección Civil, “aínda que sexa competencia da Xunta de Galicia”, do material axeitado para a realización do seu labor que, subliñou “facedes de xeito totalmente altruísta”.

A alcaldesa agradeceu tamén o traballo de prevención, coa realización de rozado en incontábeis lugares do territorio municipal, acometido pola Concellería de Limpeza que, indicou, “fixeron posible que no Porriño os danos causados polo lume fosen moito menores”.

Neste senso, o concelleiro Orlando Márquez reiterou que o Concello multará aos propietarios de montes e de fincas que non manteñan rozadas e limpas a súas propiedades, sancións que, advertiu, superan os 1.000€ e que, insistiu, son necesarias posto que o non retirar a maleza, tendo en conta as altas temperaturas e a falla de choiva, fai que aumenten os perigos en caso de incendio e pon en risco ao resto dos veciños.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM