Vigo al minuto

O 100% do persoal de Bershka na provincia de Pontevedra secunda o segundo día de folga

O 100% do cadro de persoal de Bershka na provincia de Pontevedra, integrado por unhas 65 traballadoras, secundou a segunda xornada da folga indefinida convocada contra a discriminación laboral na empresa pertencente ao grupo téxtil Inditex.

Ao igual que no día de onte, grupos de empregadas concentráronse dende primeira hora ás portas das cinco tendas que a marca ten na provincia -Vigo, Pontevedra e Vilagarcía-.

O paro continuará nos vindeiros días xa que a dirección se nega polo de agora a sentarse a negociar as diferentes condicións de traballo existentes entre o persoal das distintas provincias galegas.

En concreto,sinalan dende a CIG,  trátase de aspectos referentes á xornada laboral, pluses e retribucións, permisos e excedencias, lactancia, vacacións e incapacidade permanente.

As traballadoras da provincia de Pontevedra pretenden que se lles apliquen as melloras logradas en provincias como a da Coruña, o que permitiría rematar coa discriminación laboral tanto entre as distintas marcas do grupo téxtil -Bershka e Kiddy’s Class de Pontevedra foron as únicas que se negaron a pactar as melloras- como entre as empregadas  fixas  e eventuais.

También te puede interesar