'Qué te cuentas?' Galicia

@Xunta habilitará axudas para a reconstución de vivendas afectadas polos incendios e para o pago de alugueiros

Imagen:vigoalminuto/O Goberno de Galicia habilitará nos vindeiros días axudas para a recuperación das vivendas afectadas polos incendios dos días 14, 15 e 16 de outubro e para pagar o alugueiro do realoxo temporal noutro inmoble.

Cando as axudas teñan por finalidade a recuperación da vivenda habitual, poderán cubrir ata o 100% do custo das obras de reparación, chegando a preto de 100.000€. O límite máximo do importe da axuda será o 75% do valor establecido para as vivendas protexidas no municipio correspondente.

As axudas á rehabilitación de vivendas afetadas polos lumes poderán solicitarse tamén para a reparación de vivendas ocasionais -40.000€, aproximadamente-, construcións anexas á vivenda principal e enxoval doméstico -3.000€ en ambos os dous casos-.

Estas axudas serán complementarias das posibles compensacións económicas que paguen as compañías aseguradoras. Ademais, cubrián as obras de reparación mesmo aínda que se teñan iniciado antes da apetura do prazo para solicitar a as axudas.

Poderán solicitalas propietarios e usufructuarios das vivendas e disporán de prazo ata 2020 para executar as obras.

Ademais de axudar economicamente á recuperación das vivendas afectadas polos incendios da pasada fin de semana, a Xunta habilitará tamén unha liña de axudas, compatible coa anterior, para pagar o alugueiro dunha vivenda destinada ao realoxo temporal das familias afectadas.

O Goberno galego pagará ata 450€ durante 2 anos polos alugueiros que se formalicen con posterioridade ao día 14 de outubro como consecuencia da necesidade de abandonar a vivenda habitual a causa da vaga de lumes.

Percibirán, ademais, unha axuda extraordinaria de 600€ para formalizar a fianza e as altas dos subministros.

También te puede interesar