Cultura Vigo al minuto

@AsembleaDeCoia convoca un ‘peche’ en solidariedade cos integrantes de ‘La Insurgencia’

Asemblea Aberta de Coia convoca un ‘Peche Solidario’, o sábado 28 de outubro de 12:00 a 00:00 nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria. “Pechámonos, como o fixemos a comezos de ano, para amosar o noso apoio e agarimo á rapazada de “La Insurgencia” que por facer cancións corre o risco de seren duramente reprimidos”.

Os días 2 e 3 de novembro os 12 rapeiros deste colectivo musical serán xulgados na Audiencia Nacional. A petición para cada un deles é de: 2 anos e 1 día de cadea, 4.800€ de multa e 9 anos de inhabilitación para cargo público.

“Para demostrar, de novo, que en común podemos facerlle fronte á represión”, Asemblea Aberta de Coia convida a quen queira a participar nas actividades organizadas: 12:00 – Presentación do peche e rolda de prensa; 12:30 – Recital de poesía; 14:00 – Xantar compartido; 16:30 – Obradoiros; 18:30 – Proxección e coloquio sobre o caso de “La Insurgencia”; 20:30 – Cea (venta de choripán e perritos); 21:30 – Micro aberto poesía e música; 22:00 – Concerto “La Insurgencia”. Ademáis, durante todo o día haberá exposición de fotografías e mercadillo solidario.

También te puede interesar