Galicia Sucesos

Un lume que leva activo unha semana segue a arrasar a parroquia de Noceda, en Cervantes

Logo da vaga de incendios que afectou a Galicia a semana pasada, este venres só arde o monte na parroquia de Noceda, no concello lucense de Cervantes. Segundo informa Medio Rural, agárdase acabar coas lapas este mesmo venres pola mañá.

Ainda non se coñece a superficie concreta que ardeu neste lume, que afecta a unha zona de árbores de grande importancia dado que se atopa dentro da Rede Natura e leva consumindo a mesma unha semana.

Este incendio súmase ao que se declarara, tamén en Cervantes, concretamente na parroquia de Donís, e que arrasara ducias de hectáreas.

También te puede interesar