Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Asociación de Veciños de Teis convoca unha manifestación para esixir ao concello o fin da almacenaxe de contedores

Posted by on Oct 13th, 2017 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A asemblea veciñal celebrada esta semana, acordou convocar unha manifestación para este vindeiro martes 17 de de outubro ás 7 da tarde, desde o cruzamento da rúa Santa Tegra e a avenida de Guixar – antigas instalacións da Campsa-, para esixir do Concello a paralización da almacenaxe de contedores nesta zona e prohibir o paso de camións de gran tonelaxe pola rúa Julian Estevez e a Avenida de Guixar.

A Asociación Veciñal de Teis, calcula que de luns a venres pasan máis de 300 camións polas rúas de Julian Estevez e a Avenida de Guixar, con destino principal as instalacións denunciadas de transporte  Crespo e Cousedo e as antigas instalacións da Campsa. A zona de Guixar, tamén utilízana os camións que van ao porto de Vigo e os camións do lixo para a empacadora”.

A asociación vecinal subliña que é unha situación insoportábel debido as graves molestias provocadas á veciñanza (ruídos, po, problemas de tráfico,etc.,), cando estes camións, teñen outros acesos ao porto e as instalacións de contedores, carecen de licenza municipal.

Desde  a Asociación Veciñal de Teis, reiterase que o Concello debe precintar as instalacións desta compañía ao non cumprir coa resolución de cese cautelar de actividade, ordenada pola Concellería de Urbanismo e abrir un expediente tamén contra as instalacións da antiga Campsa,ao carecer de licenza municipal.

“A paciencia da veciñanza acabouse cando a comezos de setembro a empresa transporte  Crespo e Cousedo, comezou a realizar traballos cunha pa escavadora para ampliar o espazo para depositar contedores, provocando danos nas vivendas da 1º Travesía de Guixar”.

A veciñanza, concentrase diariamente diante das instalacións desta empresa, para pedir a paralización da ampliación e denunciar as molestias desta actividade. “Ademais, hai dúas semanas concentrámonos na Praza do Rei, coincidindo coa celebración do último pleno municipal”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM