Sucesos

Seguen os lumes do Carballiño, Chandrexa de Queixa, Lobios e Vilariño de Conxo

O lume que se declarara na parroquia de Lobás no concello do Carballiño, segue activo e queimou xa maís de 20 hectáreas de superficie, dacordo cos datos difundidos pola Consellería de Medio Rural.

Tamén seguen ardendo-aínda que Medio Rural asegura que están controlados- os fogos de Chandrexa de Queixa, Lobios e Vilariño de Conxo. Neste a superficie arrasada polas lapas é de 65 hectáreas.

Polo que se refiere ao lume de Lobios, que mañá cumprirá unha semana-segue, sempre segundo os datos do Goberno de Galicia, baixo control e supera as 20 hectáreas.

También te puede interesar