Galicia Sucesos

67 feridos nunha fin de semana sen mortos nas estradas galegas

ARCHIVO

O 061 asistiu durante a fin de semana a 67 persoas debido a 51 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres pasado, 6 de outubro, e as 12 menos 1 minuto da noite deste domingo, día 8.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 59 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 51 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 67 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 70. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en tres sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu nun accidente, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 53 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 10 accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en tres sinistros.

En 62 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 5   ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar