vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@En_Marea demanda ao Goberno que dote a Vigo dos tres xulgados que pide o Tribunal Superior de Xustiza

Posted by on Oct 6th, 2017 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou unha iniciativa parlamentar no Congreso dirixida ao Ministro de Xustiza, Rafael Catalá, para demandarlle que dote a Vigo dos tres órganos xurisdicionais que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) considera urxentes.

Así, para Vigo o TSXG plantexa unha praza de maxistrado na sede viguesa da Audiencia de Pontevedra, un Xulgado de Primeira Instancia especializado en Familia e outro Xulgado do Social. Explica Fernández que a finais do pasado mes de xullo celebrouse a Conferencia Sectorial da Administración de Xustiza onde o Ministro anunciou a creación de 89 novas unidades xudiciais no estado e falou da creación de tan só catro novos xulgados en Galicia.

Non aos recortes na xustiza

A memoria anual de Actividades do TSXG correspondente ao ano 2016, solicita para Galicia a creación de 8 novos xulgados, e prioriza tres en Vigo. Pon de manifesto que os xulgados de Vigo teñen no seu conxunto máis de 12.000 casos sen resolver. Destaca especialmente a intensa actividade dos Xulgados de Primeira Instancia e dos Xulgados do Social.

Reprocha a deputada de En Marea ao PP “a política de recortes masiva que tamén chegou á Xustiza onde se paralizaron os investimentos e a creación de Xulgados a pesares da grande masificación que experimentaron debido especialmente á posta en marcha da reforma laboral”. Para Alexandra Fernández é hora de que o Ministerio cambie as súas raquíticas políticas e atenda ás necesidades en materia de Xustiza a fin de ofrecer aos cidadáns unha xustiza áxil e de boa calidade.

Razón pola que pregunta ao Goberno se vai crear os tres órganos xurisdicionais en Vigo que reclama o TSXG. “En caso afirmativo, que prazos temporais manexa o Goberno para a ubicación de novos xulgados na cidade viguesa? E no resto de Galicia? Vai aumentar os medios materiais e humanos en materia de xustiza?”

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM