vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Porriño liderou en setembro a baixada do paro na Área Metropolitana de Vigo e na provincia

Posted by on Oct 4th, 2017 y archivado abajo Comarcas. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O Porriño liderou en setembro a creación de emprego na Área Metropolitana de Vigo e, xunto con Vila de Cruces, a baixada do paro, non so na provincia de Pontevedra, senón en toda Galicia. A finais do mes pasado había na vila 1.654 persoas desempregadas, unha realidade que non se vía dende hai case unha década.

Dacordo cos datos publicados este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social e pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, do Goberno de Galicia, a taxa de desemprego situouse no Porriño no 18%, 6 puntos menos que cando o actual Goberno Local empezara  o seu mandato, cando a porcentaxe do paro estaba  no Porriño por riba do 24% e 2.139 veciñas e veciños estaban na procura dun posto de traballo, preto de 500 máis que na actualidade.

En relación co mes de setembro de 2016, o número de persoas anotadas coma demandantes na oficina do Servizo Galego de Emprego do Porriño baixou de 1.836 a 1.654, o que supón que hai 182 traballadoras e traballadores máis no concello. Neste tempo o paro caeu 5,4 puntos nun so ano.

A alcaldesa, Eva García de la Torre, reitera, “como xa veño facendo dende que tomara posesión, o Goberno local do Porriño ten coma a súa primeira prioridade a creación de postos de traballo”. García de la Torre, subliña que este obxectivo pasa “sen dúbida, como estamos a ver, pola formación que aumenta as posibilidades de atopar un emprego das porriñesas e porriñeses que están no paro”.

Pola súa banda, a concelleira de Emprego, a socialista Soledad Girón,  asegura que “as propostas, actividades desenroladas neste mandato para conquerir este obxectivo están a funcionar”. Girón lembra entre elas o programa ‘Porriño Accede’,baseado en convenios asinados entre o Concello e empresas da vila, grazas ao cal hai ducias de veciñas e veciños que volveron ao mercado laboral ou empezaron a traballar.

Tamén influíron, “especialmente”, os  ‘Plans de Emprego’, que foron posibles logo da sinatura dun acordo coa Deputación de Pontevedra e do investimento de fondos municipais, de máis de 600.000 euros no que vai deste ano, así como o feito de chegar a entendementos con outras administracións, o cal facilitou a obtención de axudas e subvencións que tiveron coma destino accións que serviron para incrementar as probabilidades de empregabilidade de moitas persoas.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM