vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Medio milleiro de profesionais de Enfermaría, esta fin de semana en Vigo para debater sobre o coidado das feridas

Posted by on Sep 29th, 2017 y archivado abajo 'Qué te cuentas?'. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Medio milleiro de profesionais de Enfermaría de todo o Estado daranse cita esta fin de semana en Vigo para coñecer as últimas innovacións no tratamento de feridas. Baixo o lema “Unha ferida, un paciente, un coidado”, a Sociedade Galega de Feridas celebra o seu terceiro congreso, ao que asistirán relatores e convidados de toda España.

A demanda para asistir ao congreso foi tan elevada que os organizadores xa pecharon a cota para novas inscricións unha semana antes de rematar o prazo. O comité organizador considera un “completo éxito” a convocatoria dunha reunión que ten unha periodicidade bianual.

Durante o venres e o sábado se levarán a cabo as actividades do congreso, que se celebra nas  instalacións da Sede Social Afundación Vigo. Ademais de talleres, comunicacións, pósters e simposios paralelos, haberá ata 12 relatorios de expertos galegos e nacionais en cada un dos campos que se abordarán.

O lema do congreso non foi elixido o azar senón que está directamente relacionado coa tendencia cara a unha maior humanización en todos os servizos e ámbitos sanitarios.

“Aprender e compartir. Esta debe ser a máxima dos nosos congresos. Aprender dos expertos, compartir cos máis novos nosas experiencias e axudar na súa formación. E todo iso orientado ao paciente”, explica o presidente da Sociedade Galega de Feridas e enfermeiro de Atención Primaria en Vigo, Juan Antonio Jiménez González.

Diversidade de relatorios

Segundo Juan Antonio Jiménez, “contamos cos profesionais galegos e nacionais con maior prestixio no campo das feridas”. De feito no congreso abordaranse todas as vertentes e especialidades que se poden dar na actualidade: úlceras vasculares, queimaduras, pé diabético, nutrición, medicina hiperbárica, infección, ou fotografía científica, entre outras.

A conferencia inaugural do congreso, o venres ás 10 horas, versará sobre as lesións oncolóxicas e o reto diario que supón o seu tratamento, que estará a cargo do doutor Federico Palomar, do Hospital Universitario e Politécnico La Fe de Valencia.

Con posterioridade abordaranse noutras conferencias asuntos de relevancia para enfermeiros e enfermeiras como a forma de fotografar as lesións para incorporar as instantáneas aos informes; o coidado das queimaduras; os efectos hiperbáricos do osíxeno na cicatrización das feridas máis complexas; ou a forma de combater o biofilm para acelerar a curación das lesións.

A enfermeira da Área Sanitaria de Vigo, Victoria Hierro, será outra das relatoras e falará de “Os mitos e as lendas da alimentación nas persoas con diabetes” o mesmo venres pola tarde, sesión que se pechará con outra conferencia sobre a controversia que existe ao redor das úlceras por presión nos talóns.

A xornada do sábado iniciarase cun relatorio sobre a prevención e tratamento do pé diabético, para continuar cunha conferencia que convidará á reflexión sobre o traballo multidisciplinar e a coordinación entre os distintos niveis asistenciais.

A prevención e tratamento das úlceras venosas pechará as conferencias, aínda que haberá unha sesión especial para abordar as relacións entre a industria e os profesionais sanitarios e o novo código ético do sector, que estará a cargo de Juan Antonio Ferreiro.

O congreso concluirá coa entrega de galardóns aos mellores pósters e comunicacións, e fallarase o premio da 2ª Beca Trisquel a os coidados de enfermaría en pacientes con feridas complexas.

O sábado pola tarde os asistentes ao congreso que o desexen poderán realizar unha viaxe e visita ao Parque Natural das Illas Cíes.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM