vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@depo_es aproba unha nova achega para Oia dentro do ‘Plan Concellos’

Posted by on Sep 27th, 2017 y archivado abajo Comarcas. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través de resolución presidencial, unha nova achega ao concello de Oia de 12.034,44€ ao abeiro da liña 1 do “Plan Concellos 2017”, destinada a investimentos. “Esta axuda permitirá realizar melloras no rendemento na seguridade dos sistemas de depuración existentes no municipio”.

Anteriormente, o concello xa recibira, dentro da súa liña 1 de investimentos, 35.631,91 € para a recuperación do camiño de Liñares, outros 25.994,94 € para realizar o saneamento do camiño de Videira e a rehabilitación un lavadoiro en Vilar, outros 20.030,47 € para a ampliación do parque infantil de Mougás e o acondicionamento do acceso ao cemiterio municipal, 6.590,91 € para a subministración de pezas para realizar un illamento acústico, 1.672,89 € para a adquisición de material informático, 161.961,90 € para unha actuación integral no camiño de Refoxos. Dentro da liña 2, 65.045,63 € para gastos correntes e, ademais, outros 94.434,08 € para a contratación de 12 persoas que desempeñarán as súas funcións nos diversos servizos municipais da vila, a través da liña 3 de emprego do Plan Concellos.

Coa suma desta nova achega, Oia xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 95% do total do investimento que lle corresponde dentro do “Plan Concellos 2017”, isto é, 412.170 € dun total de preto de 434.000 €.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM