Galicia

@CIGSaude alerta da aparición de cámaras ocultas na sala do persoal do Hospital do Barbanza

Imaxe:CIG

A CIG informa de que hai uns días a encargada de Aramark – a empresa que ten a concesión da cafetería do Hospital do Barbanza e do Clínico de Santiago- foi vista desmantelando un ‘circuíto de cámaras de videovixilancia’ do que os traballadores non tiñan constancia. Estes feitos producíronse o mesmo día que a delegada de persoal -a raíz da aparición de cámaras ocultas na cafetería do persoal do Hospital Clínico- se dirixiu por escrito ao xerente da empresa solicitando certificación dos dispositivos instalados, os lugares concretos onde están e se existe algún elemento de gravación de audio.

Aramark, subliña a CIG, comunicou en decembro do ano pasado a súa intención de poñer en funcionamento cámaras de seguridade no centro de traballo do Barbanza. Segundo a certificación da empresa encargada de instalar o sistema, prosegue o sindicato, na cafetería do Hospital hai tres cámaras de vídeo visíbeis e que cumpren coa normativa vixente. No escrito tamén se asegura que non existe ningún elemento técnico que permita a gravación de audio.

También te puede interesar