Vigo al minuto

Arrestado un individuo que incumpriu a prohibición de entrar en Vigo por un delito de violencia machista

Axentes da Policía Autonómica destinados en Vigo, integrantes do Grupo de Protección de Vítmas de Violencia de Xénero-que protexe a máis de 200 mulleres en toda Galicia-detiveron un individuo que incumpriu unha orde de afastamento e unha prohibición cautelar de entrar na cidade, medidas que foran ditadas pola xustiza ao estar inmerso este suxeito nun delito de violencia machista.

Os axentes, que participaban nun dispositivo de seguridade para protexer a unha muller, detectaron ao home, que ten en vigor unha orde de afastamento e prohibición de entrar en Vigo.

O individuo foi localizado preto do colexio onde están escolarizados os fillos da parella, e a Policía arrestouno.

También te puede interesar