'Qué te cuentas?'

Multan con 200€ a un membro da Executiva Confederal da CIG por poñer unha pota no chan

Imaxe: cig.gal

200€ por pousar unha pota de cociñar na beirarrúa. Aínda que pareza unha broma, esa é a multa que, segundo denuncia a CIG, lle veñen de impor a Renato Núñez, membro da Executiva Confederal do sindicato. O máis surrealista do sanción, indican dende a central “é que o sindicalista tivo que sacar a ola do maleteiro do seu vehículo durante un rexistro policial”.

Este feito foi a escusa que atopou a pola Policía Nacional para denuncialo diante do Concello de Santiago, que a pasada semana lle notificaba unha sanción económica de 200€ por “arroxar á vía unha pota de cociñar de considerábeis dimensións”. Unha pota que Núñez tivo que sacar do seu coche durante unha actuación policial na que, a xuizo da CIG, “foi vítima dun trato abusivo e na que se veu retido de maneira inxustificada mentres lle rexistraban o seu vehículo”.

Este feitos tiveron lugar nas inmediacións do Hospital Clínico de Santiago, onde o sindicalista acudira a encontrarse cunha membro da Executiva Comarcal da CIG e delegada da CIG-Saúde. Ao final do encontro, achegouse ao seu vehículo e para a súa sorpresa, unha patrulla da policía nacional que pasaba naquel momento pola zona detívose de súpeto e dirixiuse a el para comunicarlle que o ían propor para sanción de tráfico.

“A pesar de carecer de competencias nesta materia, os axentes insistiron en comprobar a ITV e o seguro do coche, mantendo en todo momento unha actitude soberbia e de prepotencia. Resulta rechamante que a única persoa á que se dirixiran fora ao representante da CIG cando nos arredores do hospital había ducias de vehículos en dobre fila e mesmo estacionados enriba das beirarrúas”.

También te puede interesar