@Xunta concedeu 420 bonos de ‘Alugueiro Social’ a persoas con dificultades para garantir o pago da renda da súa vivenda | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@Xunta concedeu 420 bonos de ‘Alugueiro Social’ a persoas con dificultades para garantir o pago da renda da súa vivenda

Posted by on Sep 23rd, 2017 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O Goberno de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, informa de que xa concedeu un total de 420 Bonos de alugueiro social coa fin de proporcionarlles ás persoas en dificultades unha axuda que lles permita garantir o pago da renda da súa vivenda.

O “Bono de Alugueiro Social enmárcase nas 12 medidas adoptadas polo Goberno galego fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda”. O Executivo fixo pública no mes de xaneiro a convocatoria das axudas do bono correspondente a este ano, que contará cun “investimento de 5 millóns de euros que se destinarán a subvencións que se concederán este ano e se prorrogarán ata 2019 ou 2020”.

Esta medida consiste nunha axuda mensual de ata 200€, por un prazo máximo de 3 anos, para o pago do alugueiro da vivenda, ademais dunha axuda única de 600€ para os gastos derivados da formalización de novos contratos de alugueiro ou para o pago de atrasos no caso de permanecer na vivenda obxecto do procedemento xudicial de desafiuzamento.

O obxectivo deste programa é actuar nunha dobre dirección: primeiro, intentando paralizar o proceso de desafiuzamento ao proporcionarlle aos inquilinos unha axuda económica que lles permita garantir o pago da renda; e segundo, cando non sexa posible, axudándolles ás familias desaloxadas da súa casa a afrontar o pago do arrendamento dun novo fogar.

A orde aprobada en xaneiro establecía a incorporación de dous novos colectivos susceptibles de beneficiarse das axudas do Bono de Alugueiro Social: os arrendatarios de vivendas de promoción pública da Xunta cuxa vixencia do contrato rematase despois da entrada en vigor desta orde; e persoas que por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadar os ingresos necesarios establecidos no Programa de Vivendas Baleiras, sexan propostas para a adxudicación dunha vivenda no marco de dito programa.

Estes novos colectivos súmanse aos xa incluídos anteriormente como as persoas inmersas en situacións de especial dificultade, vítimas de violencia de xénero ou unidades de convivencia con dificultades para asumir o custe do arrendamento dunha vivenda e que foran privados da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.

Vivendas adxudicadas

Por outra parte, o Goberno galego, dende o ano 2015 ata a actualidade adxudicou de xeito directo 160 vivendas a familias en risco de exclusión, das que 108 se corresponden con inmobles cedidos pola Sareb e por entidades financeiras e as restantes son vivendas de promoción pública da Xunta.

Executivo subliña que,  a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), dispón dun parque público de arredor de 3.100 vivendas en alugueiro, destinadas a familias con baixos recursos. Estes inmobles contan con descontos do 50 % no seu importe, o que evita que os núcleos familiares con dificultades teñan o risco de perder a súa vivenda. Ademais, os adxudicatarios destes inmobles en réxime de compravenda poden solicitar o cambio a alugueiro se teñen problemas para o pago da súa hipoteca.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM