vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Concello esixe aos propietarios dos inmobles que arderon en López de Neira que cumpran coas medidas de seguridade

Posted by on Sep 20th, 2017 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Imágenes:vigoalminuto/O Concello, a través da Xerencia de Urbanismo, ditou este mércores sendas resolucións relativas aos números 38 e 40 de López de Neira, edificios que arderon esta fin de semana, esixindo a adopción de medidas de seguridade urxentes nun prazo máximo de seis días naturais.

Así o comunicou o alcalde aos xornalistas, detallando que, no caso do inmoble de López de Neira 38, se ordena á propiedade a revisión das medidas de seguridade esixidas xa no 2016, como son a colocación de zapatas de formigón armado e estrutura metálica para asegurar a estabilidade das fachadas posterior e á vía pública, o tapiado dos ocos das fachadas, a colocación dunha viseira metálica de protección nas dúas fachadas, o desbroce e limpeza da parcela na fachada posterior e o peche, tapiado de portas e acceso ao interior do inmoble e ao edificio.

Neste mesmo inmoble, o Concello ordena medidas de seguridade adicionais, como o valado, a desmontaxe ou retirada dos elementos con risco de caída e a realización de traballos para evitar a entrada de auga nas fincas anexas.

En López de Neira 40, sobre o que xa se declarara a ruína no ano 2014, o Concello tamén require a revisión e actualización das medidas urxentes de seguridade solicitadas no citado ano, como é fixar á fachada unha marquesiña realizada con perfís metálicos. Ademais, o goberno vigués ordena novas medidas a adoptar, como o valado, a desmontaxe ou retirada dos elementos con risco de caída e a realización de traballos para evitar a entrada de auga nas fincas anexas, asegurar a estabilidade das fachadas e medianeiras, e evitar o acceso á edificación mediante o tapiado de todos os ocos das fachadas.

Para ambos casos, segundo subliñou Abel Caballero, o Concello concede un prazo de 6 días naturais para a adopción das nomeadas medidas urxentes de seguridade, e apercibe á propiedade, no caso de incumprimento, con multas coercitivas que poden chegar ata os 10.000€, reiterables trimestralmente, e coa execución subsidiaria destas con cargo á propiedade.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM