O verán deixou en Vigo un 87% menos de chuvias do que cabería esperar para esta época do ano | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O verán deixou en Vigo un 87% menos de chuvias do que cabería esperar para esta época do ano

Posted by on Sep 19th, 2017 y archivado abajo Ciencia y Tecnología, Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Así o confirmou a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climáticoque este martes presentou en rolda de prensa o balance climatolóxico correspondente á estación, que foi definida como moi cálida e seca.

Cruz Ferreira indicou que os valores de precipitacións rexistrados nas comarcas de Ortegal e a Mariña Lucense, en concreto, no concello de Burela, onde se contabilizaron 211 litros por metro cadrado, contrastan cos apenas 40 recollidos nas comarcas pontevedresas do Morrazo, Arousa e Verín.

Polo tanto, a media do verán en canto ás precipitacións situouse nos 92 L/m2 e os episodios de chuvias rexistradas nesta tempada estiveron maioritariamente relacionados con eventos tormentosos, que foron especialmente significativos nos meses de xuño, cando  incluso se superaron os valores normais do período de referencia 1981-2010, e o mes de agosto, entre os días 27 e 29, cando tivo lugar o fenómeno meteorolóxico coñecido como a DANA ou ‘gota fría’.

Foi, precisamente, este episodio o que provocou chuvias por momentos torrenciais, suficientes para ter cualificado o mes de húmido ou moi húmido. Igualmente, nesta ocasión, as comarcas nas que máis choveu foron as do sur da Comunidade, Ribeiro e Carballiño, aínda que o contraste o marcaron as áreas de Vigo, O Condado e o Baixo Miño, que apenas sufriron os efectos da ‘gota fría’ e rexistraron valores de precipitación moi baixos para esta época do ano -ata un 87 % por debaixo do normal-. Cómpre lembrar que estes episodios de chuvias localmente fortes viñeron, en moitos casos, acompañados de saraiba e pedrazo.

Verán moi cálido

No que respecta ás temperaturas, a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático destacou que foi un verán cálido con temperaturas que estiveron case un grao por riba da media dos últimos anos. Cruz Ferreira explicou que comezamos a tempada estival cun mes de xuño con altas temperaturas alimentadas por masas de aire cálido procedente do norte de África. Neste mes, os termómetros presentaron os índices máis baixos na Mariña lucense e Ortigueira, mentres que os máis altos rexistráronse nas comarcas limítrofes cos ríos Miño e Sil.

Pola contra, o mes de xullo foi un período de “cambios bruscos” debido ao aire frío situado no Atlántico norte que se achegou por momento a Galicia. Neste mes, as temperaturas mínimas máis baixas localizáronse na Limia, mentres que as mínimas máis altas rexistráronse na comarca de Vigo, onde os termómetros recolleron os valores mínimos máis altos.

O verán remata cun mes de agosto variable, o que significa que as temperaturas estiveron en xeral algo por riba da media climática neste mes, aínda que a anomalía non foi moi alta e mesmo houbo lugares nos que os valores se achegaron á media ou mesmo quedaron por debaixo. Esta situación produciuse debido á ausencia de aire cálido do norte de África, polo que se produciron escenas de gran contraste entre zonas máis cálidas do normal -principalmente, as comarca do Carballiño- e zonas con valores negativos como a de Bergantiños ou Costa da Morte.

Un outono normal

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático referiuse, tamén, ás previsións de cara ao outono, que, tomando como referencia os mapas de anomalías previstas por outros servizos meteorolóxicos de Estados Unidos, Reino Unido, Francia o do Centro Europeo de Predición a Medio Prazo, e tendo en conta que a meteoroloxía non é unha ciencia exacta, “será normal en canto a chuvia e temperatura”.

Neste senso, Cruz Ferreira avanzou que será un outono “no que cabe esperar o paso de abundantes frontes asociadas a borrascas atlánticas, con entradas posteriores de aire frío e pausas anticiclónicas, que deberían ir perdendo frecuencia”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de V al minuto - Vigo

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM