Vigo al minuto

A Asociación Veciñal de Teis convoca para este martes, día 19, unha asamblea para denunciar os problemas causados polo almacenamento de contedores

A Asociación Veciñal de Teis, convoca unha nova asemblea veciñal este martes, 19 de setembro, ás 8 da tarde, diante das instalacións de transporte ” Crespo e Cousedo”, para tratar os problemas xerados polo almacenamento de contedores.

A asociación lembra que “aínda que hai unha resolución da Concellaría de Urbanismo, onde se ordena o cese cautelar de actividade, ao non poder autorizar dita actividade nesta parcela, a empresa segue coa mesma”.

Desde hai meses a veciñanza do entorno da Avenida de Guixar e da rúa Julian Estevez, “padeceno paso diario de centos de camións de gran tonelaxe, ruídos, po ou problemas de tráfico”, unha situación que “hai meses que esta asociación vén denunciando no Concello”.

Os veciños sinalan que a súa paciencia rematou o pasado luns, 4 de setembro, cando a empresa transporte ” Crespo e Cousedo”, comezou a realizar traballos cunha pa escavadora para ampliar o espazo para depositar contedores, “provocando danos as vivendas da 1º Travesía de Guixar”.

Daquela, “a veciñanza, acordou concentrase durante varias xornadas diante das instalacións desta empresa, para pedir a paralización da ampliación e denunciar as molestias desta actividade”.

También te puede interesar