vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Profesores denuncian que o curso comeza con aumento da provisionalidade do profesorado interino e menos funcionarios de carreira

Posted by on Sep 13th, 2017 y archivado abajo Destacados. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Delegados e delegadas da CIG-Ensino concentráronse este mércores pola mañá diante da Consellería de Educación para denunciar que o curso escolar comezou cun aumento da provisionalidade, con máis profesorado  interino e con menos profesorado funcionario de carreira. Así o afirmou o secretario nacional, Suso Bermello, quen denunciou tamén o incremento do profesorado que ten que impartir materias que non son da súa especialidade.

Bermello explicou que unha vez comezado o curso as denuncias que realizou a CIG-Ensino a semana pasada confirmáronse. Así alertou do “continuísmo das políticas de recorte de profesorado do PP que provocaron que se dispare o número de docentes que teñen que impartir materias das que non teñen a especialidade”.

A este respecto asegurou que “nos atopamos con auténticas aberracións, como profesorado de ámbitos lingüísticos que teñen que impartir materias propias do ámbito científico e viceversa e moito profesorado que ten que impartir ámbitos propios da formación profesional básica, cando non teñen legalmente a atribución docente para facelo”.

Xunto a isto alertou de que están disparando as cifras de profesorado que é itinerante, nomeadamente o de Orientación en ensino primario. Unha situación que, denunciou “se vén agravando ano tras ano, que todos os comezos de curso queremos poñer en evidencia e este tamén”.

Bermello fixo especial fincapé na provisionalidade, porque “provoca unha situación moi complicada para o ensino galego e nomeadamente para o profesorado”. Neste sentido asegurou que esa inestabilidade nos postos de traballo se disparou desde a chegada de Núñez Feijóo, cun incremento que cualificou como “terrible” do profesorado interino. “Hoxe en día o 60% do profesorado que cada ano cambia de destino é interino. Cando Núñez Feijóo chegou ao goberno a porcentaxe de profesorado interino era do 5% e hoxe supera o 13%. Unhas cifras que hai que remediar canto antes”, afirmou.

Para o secretario nacional da CIG-Ensino “hai unha clara intencionalidade por parte da consellaría para que o profesorado non teña destino definitivo e siga en expectativa”porque esa inestabilidade nos postos de traballo “axúdalle á consellaría a provocar que cada vez haxa máis profesorado con materias afíns e, polo tanto a xogar con eses destinos”. Unha situación á que pediu “pór remedio canto antes” toda vez que hai profesorado que leva mesmo máis de dez anos sen destino definitivo sendo funcionario de carreira e outro que segue sendo interino despois de moitos anos sen que se convoquen as oposicións da súa especialidade.

Redución de postos de traballo

Bermello denunciou tamén que se pecharon este verán 69 aulas en Infantil e Primaria, o que supuxo un recorte de 100 postos  de traballo de profesorado que tiña destino definitivo. “Iso leva a que se aumente tamén o profesorado que é suprimido ou desprazado porque ten que pasar a ter un destino provisional”.

De feito asegurou que cada vez hai máis profesorado interino, en concreto un 6% máis que o ano pasado. Cifras que constatan, para o secretario nacional da CIG-Ensino “o aumento da provisionalidade, o aumento do profesorado interino e a redución do número de profesores que son funcionarios de carreira”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad

Publicidad de V al minuto

ElektronikSigara - sex shop vibrator
sex izle,rus porno,ankara escort,ankara escort,ankara escort,istanbul escort,escort bayan,pendik escort,escort bayan,taksim escort,sex izle,beylikdüzü escort,istanbul escort,pendik escort,istanbul escort,
porno resim,sex resim,türbanlı porno resimleri,sikiş izle,am resimleri,
Nice servis,nice bariyer,mantar bariyer,epoksi zemin kaplama,köşe koltuk,yükleme rampası,bft ,bahçe kapısı motoru,nice türkiye,nice türkiye,ekofarma ilaçlama,nice türkiye,kepenk servisi,Dış cephe mantolama,pergola,