Vigo al minuto

Os Bombeiros de Vigo realizaron preto de 1.900 intervencións o ano pasado

As actuacións desenvolvidas polo servizo municipal de bombeiros aumentaron nun 20% no ano 2016, concretamente, de 1.562 en 2015 a 1.873 el año pasado, entre outras razóns, por un incremento de accións relacionadas coa Vespa velutina.

A tipoloxía das intervencións oscilan entre os incendios, medicións de gas en situacións de sospeita, servizos humanitarios ou actuacións contra a vespa velutina. Entre as máis salientabeis, sitúase a intervención no accidente de tren de O Porriño ou o incendio de Fandicosta. Tamén son importantes as accións cando hai temporal, cando se rexistran ata 40 intervencións diarias, accidentes de tráfico, excarceracións ou labores de limpeza.

O servizo de Bombeiros tamén realiza tarefas de prevención como son comprobacións e simulacros de evacuacións en edificios altos, como os que se fixeron nas Torres de García Barbón ou no Hospital Álvaro Cunqueiro e, polo que atingue aodepartamento de formación, o mesmo imparte cursos sobre excarceracións, mercadorías perigosas ou condución, entre outros.

También te puede interesar