Galicia

@En_Marea pregunta á ministra de Sanidade se o Goberno vai a privatizar as listas de espera

A deputada de En Marea, Ángela Rodríguez Pam, preguntou este mércores á ministra de Sanidade sobre a previsión do Goberno para as listas de espera na sanidade.  “Ten previsto o Goberno actuar sobre as listas de espera recurrindo á sanidade privada?”, foi a cuestión que plantexou á ministra Dolors Montserrat.

A deputada de En Marea recriminou ao Executivo que é “moita casualidade que as mesmas aseguradoras privadas que están detras dos hospitais, que xestionan peor e de forma máis cara os nosos hospitais: son as mesmas entidades que a través do IDIS ofertaron polo módico prezo de 1.500 millóns de euros solucionan todos os problemas das listas de espera”.

“A pregunta é se vostedes queren privatizar a sanidade para solucionar o problema das listas de espera, porque temos dúas dúbidas: ou son un Goberno incapaz de solucionar os problemas da xente ou queren estafar e aproveitarse do dereito á saúde”, insistiu a deputada.

Rodríguez lembrou os anteproxectos de saúde que fixo o PP en Galicia, “para saber que a privatización é o camiño deste partido”.“Pedímoslle que non estafen, que defendan o dereito á saúde. É unha auténtica vergoña que estén xogando con isto”, insistiu a deputada.

A ministra evitou responder, escudándose na “falta de competencia”, cando non é certo, e asegurando que o Goberno “sempre defende a sanidade pública de calidade”.

También te puede interesar