Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O luns 197.364 escolares galegos volven ás aulas, o 70,5% deles a centros públicos e menos do 1,4% a colexios privados

Posted by on Sep 9th, 2017 y archivado abajo Ciencia y Tecnología, Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O vindeiro luns 11 de setembro comezarán en Galicia as clases nos ciclos de Infantil, Primaria e Educación Especial para 197.364 escolares, o que supón un 0,7% menos ca no curso 2016/17, segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura,  Educación e Ordenación Universitaria. De todos eles, dacordo cos mesmos datos, 138.987 estarán en centros públicos, preto do 70,5%, 55.505 en centros concertados, o 28,12, e o resto, 2.872, menos dun 1,4%, a colexios privados.

Educación Infantil

Segundo estimacións do Goberno  de Galicia, 60.339 alumnos comezarán o luns as clases nas aulas de Educación Infantil, o que supón un 2,4 % menos ca no curso 2016/17. Deles 42.106 en centros públicos, 16.842 en concertados e 1.391 en colexios privados

Por outra banda, as mesmas previsións que manexa a Consellería indican que 137.022 alumnos tamén comezaran o luns as clases de Educación Primaria en Galicia, o que supón practicamente a mesma cifra ca no curso anterior. Exactamente, 96.202 alumnos son de centros públicos, 37.948 de colexios concertados e 2.872 estudantes irán a centros privados.

Educación especial

No que atinxe á educación especial, o número estimado de matriculados para este curso é de 1.394, un 0,6 % máis ca no curso 2016/17.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de V al minuto - Vigo

ElektronikSigara - sex shop vibrator