Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Cuarta proba da ‘Copa de Galicia’ de enganche de carruaxes de cabalos, esta fin de semana en Nigrán

Posted by on Sep 7th, 2017 y archivado abajo Deportes. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Os terreos municipais do Parque Empresarial Porto do Molle -ao carón do río Muíños- en Nigrán, acollerán este sábado pola tarde a cuarta proba puntuable da Copa de Enganches de Galicia, organizado pola Federación Hípica Gallega en colaboración co Concello de Nigrán e Deputación de Pontevedra.

Trátase dunha oportunidade única en toda a comarca de apreciar esta  disciplina deportiva, xa que é a primeira vez que se realiza dentro dunha competición oficial.

O evento deportivo se presenta como unha tarde festiva, xa que ao finalizar as probas haberá yincanas ecuestres (mounted-games) e a actuación musical de ‘La Patrulla’, ademais se instalará unha cantina. A competición arrancará ás 17:00 horas con limoneras (nome que recibe a modalidade de enganche cun so cabalo), ás 18:00 horas con troncos (enganche con dous cabalos) e ás 18:30 horas proba libre.  “En Nigrán e en toda a comarca do Val Miñor existe unha gran afición ao cabalo, por iso falamos co Concello de Nigrán para poder celebrar esta proba aquí”, sinalan dende a organización.

Esta Copa de Enganches de Galicia celébrase en toda a comunidade, disputándose as anteriores probas da tempada en Cartelle, Silleda e Ponteceso. Tralo seu paso por Nigrán quedan dúas máis, unha delas o 1 de outubro en Villamarín (Ourense) e outra pendiente de concretar na que se proclamarán os campeóns que optarán a representar a Galicia e á Federación Gallega no Campionato de España 2018.

A disciplina hípica de enganches desenvólvese en Galicia como competición federada desde o pasado ano, anteriormente realizábanse exhibicións nas diversas festas cabalares de Galicia da man de particulares ou de asociacións creadas para iso, como Club de Enganches de Galicia.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto - Deportes

ElektronikSigara - sex shop vibrator