vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@CIGEnsino denuncia falta de transparencia na aplicación das listaxes de substitucións da Consellaría de Educación

Posted by on Sep 7th, 2017 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

CIG-Ensino ven de denunciar que durante esta semana na aplicación do profesorado interino e substituto do Corpo de Mestres da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria –https://www.edu.xunta.es/substitutoslistas/aparecen prazas de substitucións que pouco despois desaparecen sen ser adxudicadas publicamente.

Isto agrávase, subliña a central sindical, polo feito de que “ao comezo de curso moito profesorado está pendente do seu nomeamento e ao ver que as prazas que lle poderían interesar aparecen e desaparecen diante dos seus ollos sen ser adxudicadas fai que se dubide moito da limpeza dun proceso, que debe ser pulcro e transparente”.

A esta desaparición de prazas, advirte a CIG,hai que sumar que as listas aínda non foron actualizadas despois do proceso selectivo realizado o curso pasado, o que crea incerteza por parte do persoal substituto e interino.

Desde a CIG-Ensino, continúa o sindicato, “esiximos a actualización das listaxes de substitucións e que estas prácticas sexan corrixidas e que toda praza que apareza no listado teña xustificación pública para a súa desaparición”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM