@odscoia denuncia a retirada por parte da Xunta da RISGA a unha veciña de Vigo e obriga de devolver preto de 5.000€ | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@odscoia denuncia a retirada por parte da Xunta da RISGA a unha veciña de Vigo e obriga de devolver preto de 5.000€

Posted by on Sep 6th, 2017 y archivado abajo Cultura, Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS)denuncia que hai unhas semanas unha veciña de Teis, recibía unha carta na que a Consellería de Política Social notificáballe que ficaba sen Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA), exactamente 399’38 € que “supuñan os seus únicos ingresos mensuais”.

Ademáis delo, indica ODS, era sancionada pola Xunta cun ano sen poder solicitar de novo a RISGA e a devolver 4.792’56 € que lle serán restadas cando volva a ter dereito a dita prestación.

No encabezado da carta que recibiu aparecía: “Notificación por extinción”, o cal supón que  durante 12 meses non pode obter de novo esta axuda, “un ano de penalización ao que haberá que sumar as demoras na tramitación desta faragulla, que no Concello soen supor outro ano máis de agarda para cobrar esta esmola”, indican dende a Oficina de Dereitos Sociais.

Segundo a Xunta, a extinción ven motivada polo feito de que “a beneficiaria ocultou e falseou datos ou realizou unha actividade fraudulenta dirixida a obter ou conservar a prestación económica”. Parece ser que “a muller descoñecía que ter algo máis de 8.000 € na conta, con orixe nunha herdanza familiar, era causa de extinción”.

Á retirada da RISGA “durante aproximadamente dous anos” hai que engadir a sanción e as demoras na tramitación, pero aínda hai maís: a muller ten que devolver case 5.000 € por cobros indebidos que lle serán descontados no caso de ter novamente acceso á RISGA, “xa que segundo a Xunta perdeu o dereito a percibir a RISGA durante todo un ano: do 01/06/2016 ao 31/05/2017, aínda que esa circunstancia non se lle notifica ate xullo do 2017”.

Os atrasos nos trámites de revisión da prestación e a falla de información sobre as esixencias do cobro da prestación orixinaron que durante un ano, sempre segundo a consellería, “percibira esta faragulla sen cumprir os requisitos”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de V al minuto - Vigo

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM